|
Title: Luar Na Lubre - Terra - AXUDA URXENTE PARA O C@UREL ! View count: 937095 Rating: 4.8370166 (362 ratings) Description: Verdegaia, Arredemo, Ecotono, Amigos da Terra, Adega, Federación Ecoloxista Galega SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza Amigas e amigos do Courel: Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural. A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza. E fixémolo xa o 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa. Inmediatamente, 0 30 de outubro de 2007, recorremos tamén a licencia de actividade desta mesma canteira. Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte. Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a "magnitude da desfeita", non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos. Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en "La caixa", que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces: Verdegaia http://www.verdegaia.org/content/view/376/191/ Arredemo http://www.arredemo.info/arredrupal/node/89 Ecotono http://ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1270&mode=thread&order=0&thold=0 Adega http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=650&Itemid=2 Amigos da Terra http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=367 Federación Ecoloxista Galega http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/11/sos-courel-leva-as-canteiras-oas-tribunais-e-pide-axuda/ Sociedade Galeaga de Historia Natural http://sghnferrol.blogspot.com/2007/04/sos-courel-unha-axuda-para-salvar-un.html Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos. A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474, con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel". Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87. Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados. Gracias por axudar SOS Courel, 11 de outubro de 2007 Enlaces con fotos do desastre: http://fotossoscourel.blogspot.com/ http://soscourelsos.blogspot.com/ Tags: galicia, galiza, música, galega, galego, gallega, gallego, ecoloxía, luar, na, lubre, sos, caurel, courel, terra, Author: esguello |